AULA ABALAR

Este blogue pretende ser un espazo onde poder atopar recursos , titoriais, e enlaces interesantes que poidan axudarnos na nosa andadura "abalar"

miércoles, 5 de octubre de 2011

Portátil do profesor

Manual portátil de aula


TITORIAIS MINIPORTÁTILES


A PIZARRA DIXITAL

Manual de pizarra dixital I

Manual pizarra dixital  II

Barra de ferramentas da PDI

  1. A frecha á esquerda lévanos a páxina anterior do caderno de notas
  2. A frecha á dereita lévanos a páxina seguinte do caderno de notas
  3. O símbolo de documento co símbolo +, é para engadir unha páxina ao caderno de notas.
  4. O símbolo da carpeta é para abrir un ficheiro de smart que xa teñamos gardado.
  5. O símbolo de disquete é para gardar o noso traballo, o documento que estamos a elaborar neste momento.
  6. O seguinte é para PEGAR.
  7. A frecha que xira cara a esquerda é para DESFACER o último que fixemos.
  8. A frecha que xira cara a dereita é para REFACER o último que desfixemos.
  9. O símbolo de multiplicar ou cruz, X, serve para eliminar un elemento que teñamos nunha páxina se o temos seleccionado.
  10. O símbolo de persiana serve para amosar ou ocultar a sombra de pantalla. (permite esconder o contido, ou parte do contido da páxina).
  11. O símbolo de pantalla de ordenador serve para amosar a páxina en pantalla completa. Así non aparece nada máis que a páxina na que estamos a traballar.
  12. O símbolo de cámara de fotos serve para facer unha captura de pantalla ou foto dunha parte da pantalla.