- O primeiro, unha frecha, serve para seleccionar os elementos que teñamos na páxina.
- O seguinte, un rotulador, serve para seleccionar a cor do rotulador co que queremos escribir.
- O seguinte é novamente un rotulador, pero este botón permite escoller entre varios rotuladores creativos ou artísticos.
- O seguinte está representado por un borrador, onde poderemos escoller o tamaño do borrador.
- O seguinte é unha línea rematada en frecha, e vainos permitir debuxar todo tipo de líneas RECTAS.
- O seguinte representado por un cadrado e un círculo vainos permitir inserir na páxina diferentes formas (dende cadrados, triángulos, pentágonos ata bocadillos para comics).
- O rotulador con un cadrado vermello é o rotulador que recoñece as formas. Podemos debuxar un triángulo a mán e él o recoñecerá como tal. (Non se pode levantar o lápiz mentras debuxas a forma).
- O rotulador con estrellas é o rotulador máxico. Este rotulador escribe pero o cabo de un tempo o escrito DESAPARECE.
- O símbolo do cubo de pintura permite encher formas cerradas coa cor escollida.
- A letra A, permite inserir texto mediante teclado.
- O seguinte símbolo permite modificar as propiedades.
- e finalmente o último representado por un círculo azul permite mover a barra de ferramentas de forma que a poidamos situar arriba ou abaixo.
AULA ABALAR
Este blogue pretende ser un espazo onde poder atopar recursos , titoriais, e enlaces interesantes que poidan axudarnos na nosa andadura "abalar"